O venres 21 de febreiro, ás 20.00 horas, os salóns parroquiais do Corazón de María en Vigo acollen a charla-coloquio sobre os novos cambios da normativa española en materia de estranxeiría, que organiza a ONG xesuíta, Entreculturas. Impartirá a charla Luis Alberto Riobó Veiga, asesor xurídico da Oficina Municipal de Inmigración.
Entreculturas é unha ONG da Compañía de Xesús que defende o dereito á educación. A través dos seus proxectos, promove o acceso a unha educación de calidade e en igualdade de oportunidades en contextos de exclusión e vulnerabilidade en África, América Latina, Asia e Europa. Así, a organización cre que garantir o dereito á educación de calidade é o medio para o cambio e a xustiza social e un eixo transversal en cada unha das 5 causas que defendemos: dereito á educación, migración e refuxio, equidade de xénero, xustiza socioambiental e participación cidadá.