19 de Abril de 2026,
San León IX

Charla «Mirar cos ollos limpos o poema da vida. O Cántico das Criaturas de Francisco de Asís»

Charla «Mirar cos ollos limpos o poema da vida. O Cántico das Criaturas de Francisco de Asís»

Con motivo dos 800 anos do «Cántico das Criaturas» composto por san Francisco de Asís, a comunidade de Irmáns Menores Capuchinos de Vigo organiza a charla «Mirar con ollos limpos o poema da vida. O Cántico das Criaturas de Francisco de Asís», o xoves 25 de setembro, ás 18.30 horas, no templo parroquial «María, nai do bo pastor». O relator será Jaime Rey Escapa, OFM Cap., secretario da formación dos irmáns capuchinos de toda a orde.

A comunidade viguesa da orde capuchina convida a asistir a todos aqueles que desexen profundar na espiritualidade franciscana a través da creación. Neste sentido, a dilatada experiencia franciscana e humana do relator «axudaranos a abrir os nosos ollos á realidade que Deus, de maneira gratuíta, pon ante nós cada día», explican desde a comunidade.

O 11 de xaneiro de 2025, inaugurouse o VIII centenario do «Cántico das criaturas», un himno de loanza e acción de grazas composto en 1225 por Francisco de Asís, tras a súa estancia no mosteiro de Santo Damián, despois dunha noite turbada polas dores as súas enfermidades.