18 de Setembro de 2024

,

San José de Cupertino
18 de Setembro de 2024

,

San José de Cupertino

Charo García, relixiosa da Asunción, presentará a campaña «Contra a fame» de Mans Unidas

Charo García, relixiosa da Asunción, presentará a campaña «Contra a fame» de Mans Unidas

A misioneira Charo García Gil, da congregación Relixiosas da Asunción, presentará a LXV campaña «Contra a fame» de Mans Unidas, que leva por lema «O efecto ser humano». O 6 de febreiro, ás 19.45 horas, inaugurarase a campaña cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo no templo parroquial de María Auxiliadora; a continuación, a irmá Charo García compartirá o seu testemuño e falará do labor de Mans Unidas.   Entre o 5 e o 7 de febreiro acudirá a diferentes centros educativos e a varias parroquias da diocese —o 5 de febreiro, ás 19 horas, en Santiago de Redondela e o 6 de febreiro, ás 19.30 horas, en Santa María da Guarda—, para contar a súa experiencia como misioneira no continente africano.

Neste ano 2024, Mans Unidas, a organización de la Iglesia católica en España para a loita contra a pobreza que sofren os pobos máis excluídos do planeta, proponse o reto de alcanzar «un planeta sostible, sen pobreza, fame nin desigualdade», é dicir, unha casa común na que poidamos vivir con dignidade todos os seres humanos. Durante o quinquenio 2023-2027, Mans Unidas quere renovar o seu compromiso de seguir loitando pola dignidade de todas as persoas e liberar á humanidade da pobreza, da fame e da desigualdade, no marco da Axenda 2030 e dos ODS.

Na actualidade, Mans Unidas aprobou 488 proxectos de desenvolvemento en 55 países de África, América e Asia, o que supón unha axuda directa a 1.756.037 de persoas, grazas á colaboración de 73.100  socios. Conta con 72 delegacións repartidas por España, nas que colaboran máis de 6 mil voluntarios.

Sobre a irmá Charo García

A relixiosa Charo García é mestra e licenciada en Teoloxía, na especialidade de Catequética. Durante 41 anos, traballou  en Burkina Faso, Togo, Camerún e Congo (Kinsasa), desenvolvendo proxectos no ámbito da educación —a través da construción de colexios— e no campo sanitario cos máis vulnerables —mediante a implementación de pozos de auga—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp