16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

Chocolatada solidaria de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

Chocolatada solidaria de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

Con motivo do Nadal, o sábado 14 de decembro, de 17.30 a 20.00, horas, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organiza unha chocolatada solidaria na planta alta do Centro Comercial Camelias, en Vigo. A iniciativa foi posible grazas á colaboración da cafetería Vigo Churros, encargada de elaborar a merenda desta tarde.

«Nadal é tamén estar preto de quen nos necesita» é o lema da campaña de Nadal 2024 que lanzou Cáritas Española —e á que tamén se suman as diferentes Cáritas diocesanas—, para convidar á poboación «para vivir un Nadal de proximidade e coidado. Dedícate tempo para ti para poder dedicar tempo de calidade aos demais». Así, Cáritas pon o foco na necesidade de abrazar: cun mesmo,  co próximo e con Deus.