Acompañada por amigos e polos membros da súa congregación, a irmá Marisa Moreno, Franciscana Misioneira de María, celebrou as súas vodas de ouro, é dicir, 50 anos de vida consagrada —comezou o noviciado o 2 de febreiro de 1975—. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidiu a eucaristía de acción de grazas por estas cinco décadas de fidelidade vocacional, no templo parroquial de Santo Ignacio de Loyola, o martes 4 de febreiro
Durante a súa intervención, o prelado tudense destacou a importancia de vivir con amor a entrega e servizo nos diferentes ámbitos da nosa vida, independentemente da vocación específica á que cada cristián sexa chamado. Cando Mons. Antonio Valín pregúntolle á irmá Marisa se escollería de novo camiño da vida consagrada en caso de volver nacer, ela respondeu afirmativamente con contundencia.


Tras a eucaristía, as comunidades parroquiais de Santo Ignacio de Loyola e San Francisco Xavier en Vigo, así como o grupo de Lectio Divina de Redondela no que colabora a irmá Marisa, homenaxeárona con varios ramos de flores, para mostrar a súa gratitude pola xenerosidade e entrega desta relixiosa.

Desde o ano 1919, a congregación de irmás Franciscanas Misioneiras de María está presente na diocese de Tui-Vigo: primeiro, na cidade tudense, onde permaneceu ata o seu traslado á cidade olívica en 1975. Están ao servizo da pastoral diocesana, parroquial, social e misioneira, segundo as urxencias e necesidades do momento.

