Cáritas inicia este luns 2 de febreiro o seu tradicional Ciclo de Cine Social, unha semana de traballar valores a través da proxección de películas.
A actividade, destinada especialmente ao alumnado de primaria e secundaria, consiste na proxección de dous películas. A finalidade é a de acercar ós máis pequenos da diocese o coñecemento dos valores que promoven a dignidade da persoa.
As dúas proxeccións que se poderán ver no Cine Teatro Salesianos son: “Kayara. La guerrera del imperio inca” para o alumnado de primaria e “Por todo lo alto” para o de secundaria. O luns 2 de febreiro ás 19.30H, a proxección será en aberto, para calquera persoa que queira acudir.
Participarán en total 19 centros educativos e máis de 3400 alumnos de educación primaria, secundaria e ciclos formativos. Ademais dos visionados, dende Cáritas facilitaranse guías didácticas, para poder sacar o maior partido ós films. O Ciclo de Cine Social rematará o luns 9 de febreiro.