19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

Comeza o ano con cinema cristián vendo “La Primera Navidad”

Comeza o ano con cinema cristián vendo “La Primera Navidad”

Durante a fin de semana do 2 e ao 3 de xaneiro de 2021, a sala de cinema-teatro Salesianos, situada na rúa Venezuela de Vigo, acollerá a estrea da comedia italiana de transfondo cristián, La Primera Navidad, coa que comezar o ano en familia. A película aterrou nos cinemas españois o pasado 11 de decembro.

As persoas interesadas poderán acudir o sábado 2 de xaneiro a visualizar este filme ás 17:30 horas, mentres que o domingo, 3 de xaneiro, a sesión comezará ás 17:00. Ambos os días, a venta de entradas, cuxo custo será de 4,50€, abrirase corenta e cinco minutos antes da proxección.

La Primera Navidad, que conta xa con máis de dous millóns de espectadores en Italia e foi galardoada co premio do Público David de Donatello, está protagonizada pola parella de humoristas,  Ficarra e  Picone, que interpretan a Salvo, ateo e ladrón especializado en Arte Sacra, e ao pai  Valentino, sacerdote responsable da exhibición dun Belén vivente. Ambos se verán mergullados nunha viaxe no tempo, a 2.000 anos atrás, a poucos días do nacemento de Xesús, cando o clérigo persegue a Salvo ao descubrilo roubando unha peza de importante valor exposta no Belén.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp