O sábado 27 de setembro, ás 18.30 horas, no auditorio da parroquia do Corazón de María en Vigo, a delegación de Persoas Migrantes da diocese de Tui-Vigo organiza un cinefórum para coñecer a vida do beato José Gregorio Hernández, que será canonizado o próximo 19 de setembro. A entrada, que é gratuíta, pódese descargar a través da seguinte ligazón.
Tras a proxección audiovisual, haberá un momento de diálogo entre os asistentes para profundar en como José Gregorio Hernández alcanza a santidade a través da súa profesión de médico. Tamén, reflexionarase sobre a influencia da vida de fe no ámbito profesional. Para iso, contarán coa presenza de dous venezolanos expertos na vida do Dr. Hernández: o sacerdote Justo Rosendo Paiva e o diácono Miguel Ángel Fernandes.
O pasado 25 de febreiro de 2025, o papa Francisco anunciou a canonización do doutor José Gregorio Hernández, que se converterá así no primeiro santo venezolano. O 19 de outubro, o papa León XIV presidirá a cerimonia de canonización do Dr. Hernández e da nai Carmen Rendiles, ambos os naturais de Venezuela.