1/12/2023

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui
1/12/2023

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui

Cinema Salesianos estrea en Vigo «Misterio no Pazo» de BoscoVision

Cinema Salesianos estrea en Vigo «Misterio no Pazo» de BoscoVision
Foto: Imagen promocional de la película.

O venres 22 de abril, ás 20:30 horas, o Cinema Salesianos de Vigo estrea a película Misterio no Pazo, que produciu BocoVision ProduCinema en Galicia e que quedou no cuarto posto no Sundance Independent Amateur Film Festival de 2022. A entrada será gratuíta ata completar aforo.

O equipo artístico e técnico asistirá á estrea para comentar coas asistentas algúns dos momentos máis curiosos e sorprendentes da rodaxe dunha longametraxe de misterio e aventura que envolve aos personaxes no ambiente dun Pazo, no que a amizade e o compañeirismo conxúganse con aventura para poder desvelar os  segredos ocultos no lugar.

Misterio no Pazo é unha película de cinema amateur, cinema independente e cinema espiritual, rodada no Pazo de Torres Agrelo, Redondela e Vigo; e interpretada por mozos de Moreira (Ponteareas), Vigo, Ourense e Santiago de Compostela. O venres 22 de abril, estrearase a versión en castelán, a pesar de que cada escena foi rodada, á vez,  en galego e castelán.

Antes proxectarase o curto Permission to dance, the emotion do grupo  de K-pop BTS e mozos de Ponteareas (Pontevedra), que se proxectou no Concerto “Permission to dance” dos BTS na cidade dos Ángeles (USA).

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp