16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Coidar ao enfermo: unha tarefa humana e espiritual que non pode delegarse

Coidar ao enfermo: unha tarefa humana e espiritual que non pode delegarse

Con motivo da Xornada Mundial do Enfermo, que a Igrexa celebra cada 11 de febreiro, o Papa León XIV dirixiu á comunidade cristiá e a sociedade enteira unha mensaxe de fondo calado humano baixo o lema «A compaixón do samaritano: amar levando o dolor do outro». Non se trata dunha reflexión abstracta, senón dunha chamada concreta a repensar como acompañamos hoxe a quen sofren a enfermidade, a fraxilidade e a soidade.

Inspirándose na coñecida parábola evanxélica do bo samaritano, o Papa recorda que a verdadeira compaixón non consiste só en sentir mágoa, senón en deterse, achegarse e facerse cargo do outro. Nunha cultura marcada pola presa, a eficiencia e, a miúdo, o descarte, o enfermo corre o risco de converterse nun problema ou nunha carga. Fronte a isto, a mensaxe pontificia subliña que cada persoa enferma é sempre alguén, nunca algo, e que a súa dignidade non diminúe coa fraxilidade.

A proximidade que non sae nas estatísticas

Esta mensaxe adquire un significado especial cando se lle poñe rostro a tantas realidades silenciosas que existen nas nosas parroquias. Os grupos de pastoral da saúde realizan, dende fai anos, un labor discreto pero esencial: visitas a domicilios, acompañamentos a persoas maiores que viven soas, presenza regular en residencias e apoio espiritual e humano a familias esgotadas polo coidado prolongado.

Son xestos sinxelos —unha conversa, unha escoita atenta, unha oración compartida— que non soen ocupar titulares, pero que sosteñen a vida cotiá de moitas persoas. Alí onde a enfermidade encerra e illa, estas visitas abren ventás; onde o dolor debilita a esperanza, levan consolo e sentido. En palabras do Papa, son unha forma concreta de “levar sobre un mesmo o peso do sufrimento axeo”.

O misterio insubstituíble dos capeláns de hospital

Xunto a esta labor parroquial, a mensaxe do Papa invita tamén a recoñecer o papel fundamental dos capeláns de hospital, a miúdo invisibles en estruturas sanitarias cada vez máis complexas. A súa presenza non responde a unha función meramente ritual, senón a unha atención integral da persoa, especialmente nos momentos de maior vulnerabilidade.

Os capeláns acompañan procesos de enfermidade grave, decisión difíciles, despedidas, duelos e tamén pequenos xestos de gratitude e esperanza. Escoitan a pacientes e familiares, colaboran co persoal sanitario e recordan que, incluso no entorno técnico do hospital, a dimensión espiritual forma parte do coidado auténtico. A súa tarefa vólvese especialmente valiosa cando a palabra médica xa non pode prometer curación, pero segue sendo posible ofrecer sentido, paz e proximidade.

Unha responsabilidade compartida

O Papa León XIV insiste en que o coidado do enfermo non pode recaer só en profesionais ou voluntarios especializados. É unha responsabilidade de toda a comunidade, unha medida real da nosa humanidade e da calidade das nosas relación sociais. Coidar a quen sofre non é un engadido opcional, senón un criterio que define o tipo de sociedade que queremos ser.

En este Día do Enfermo, a Igrexa recorda que a compaixón non é debilidade, senón unha forza capaz de humanizar os espazos máis duros do sufrimento. E o fai poñendo en valor a quen, dende parroquias e hospitais, seguen encarnando —con constancia e discreción— o xesto sempre actual do bo samaritano: deterse, achegarse e coidar.

José Juan Sobrino Pino

Delegado diocesano de Pastoral da Saúde.