14 de Maio de 2026,
San Matías

Comenzan os actos pola festividade da Virxe de Fátima

Comenzan os actos pola festividade da Virxe de Fátima

O vindeiro mércores, 13 de maio, celebramos a festividade da Nosa Señora de Fátima, unha das advocacións marianas máis extensas e queridas en todo o mundo. Na nosa Diocese de Tui-Vigo poderemos celebrar a solemnidade, disfrutando cos actos que desde a Parroquia-Santuario da Nosa Señora de Fátima de Vigo se organizaron para estas datas.

Os días previos á solemnidade, do 4 ao 12 de maio, os horarios de misas serán os seguintes:

  • Luns a sábado ás 9:00, 12:00 e 19:00 horas.
  • Domingos ás 10:00, 11:00, 12:30 e 19:00 horas.

O mércores 13 de maio, día propio da Virxe de Fátima, haberá misas ás 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 16:30, 17:30, 18:30 e 19:30. Unha vez rematada a Eucaristía das 19:30 horas terá lugar a procesión da Virxe polas nosas rúas.

A novena, que comeza o día 4 de maio e se estende ata o 12, día previo á festividade, rezarase 5 minutos antes de cada Eucaristía. O venres 8 de maio haberá tamén unha Vixilia de Adoración Nocturna, ás 19:30 horas. E o domingo 10, ás 11:00 horas, consagración dos nenos á Virxe; e ás 12:30 horas, misa dos enfermos.