A parroquia-santuario da Nosa Señora de Fátima en Vigo prepárase para celebrar a festividade da súa patroa o vindeiro xoves, 13 de maio, con unha novena que comeza hoxe.
Durante toda esta semana, os fregueses da parroquia e todos aqueles devotos de Fátima poderán asistir á novena que se celebrará en horario de mañá ás 08:30 e ás 11:25 horas. Durante a tarde, a eucaristía será ás 18:15 horas.
O xoves 13 de maio, festividade da nosa Señora de Fátima, celebraranse misas cada hora desde as 08:00 horas, é dicir: pola mañá ás 08:00, 09:00, 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00; mentres que pola tarde á 16:30, 17:30, 18.30, 19:30 e 21:00. Previamente, haberá rezo do rosario e posibilidade de recibir o sacramento da Reconciliación ao longo de todo o día.
Desde a parroquia-santuario da nosa Señora de Fátima rogan manter as normas establecidas polas autoridades sanitarias con motivo da Covid-19: uso obrigatorio de máscara no interior do templo e xel hidroalcohólico na entrada. Debido precisamente á situación de pandemia, queda suprimida a tradicional procesión que se realizaba o 13 de maio.
Ademais da novena, a comunidade viguesa de Fátima tamén retomou a publicación da súa revista parroquial que xa conta con 332 números e que, nesta ocasión, centra a súa atención nos efectos da pandemia da Covid-19.