29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael
29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael

Comeza a romería de San Roque en Vigo

Comeza a romería de San Roque en Vigo

A festa de  san Roque, patrón dos peregrinos, celebrarase o próximo 16 de agosto e, na cidade olívica, a parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita prepararse para vivir esta festividade cunha romaría que terá lugar na capela do Pazo do santo situada na  rúa Filipinas.

Desde o 7 ao 15 de agosto, haberá rezo do rosario ás 18:30 horas seguido da novena e a eucaristía ás 19 horas. O luns 16, festa do patrón dos peregrinos, celebraranse eucaristías durante toda a mañá ás 8, 9, 10, 11 e 12 horas; esta última será a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza. Pola tarde, tamén haberá misas ás 17 e 18 horas. O martes, 17 de agosto, celebrarase unha eucaristía solemne ás 12 horas polos defuntos da Irmandade de Devotos de San Roque.

O templo parroquial permanecerá pechado os días 16 e 17 de agosto, aínda que permanecerá o  hall aberto para todas aquelas persoas que se acheguen a ter un intre de oración. Desde o 15 ata o 17 de agosto, a capela permanecerá aberta ata as 21 horas.

Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, a habitual procesión queda suspendida. Ademais, o aforo estará limitado para garantir as medidas de seguridade estipuladas polas autoridades sanitarias.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp