1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui
1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui

Comeza «Life Teen» na diocese de Tui-Vigo

Comeza «Life Teen» na diocese de Tui-Vigo
FOTO.- Momento de adoración eucarística durante una sesión de «Life Teen» | © Life Teen España

A delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo pon en marcha Life Teen para mozas de entre 14 a 18 anos; un método de pastoral xuvenil que pretende achegar aos mozos a Cristo a través de dous eixos: catequeses dinámicas e encontro con Jesús na eucaristía. Os encontros, cunha periodicidade quincenal, comeza o domingo 10 de marzo, de 17 a 19.30 horas, no Seminario Menor «San Paio» de Tui. Para máis información, pódese contactar a través do número de teléfono ou o correo electrónico da delegación: 672 11 90 39 ou pju@diocesetuivigo.org.

Samuel Montes, delegado de Pastoral Xuvenil e Universitaria, explica que «a realidade de Life   Teen é capaz de integrar diferentes dimensións que pode axudar aos mozos a non perder a fe e a vincularse ás comunidades». En definitiva, trátase dun sistema que, a través da vivencia comunitaria, a formación e a oración, crea un espazo «para que o mozo poida descubrir a súa condición cristiá en profundidade, que non quede no superficial».

Cada sesión de Life Teen divídese en catro partes: a acollida, a catequese de 10 minutos, un momento de compartir en grupos pequenos e a oración final. Lucía Cadrado, unha das responsables de Life Teen na diocese de Tui-Vigo, conta que «é un método que está moi claro e o que máis destacaría de Life Teen é a acollida, a través dunha decoración adecuada, unha música que les poida gustar e con xente da súa idade».

Life Teen é a aposta da delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria parar xerar espazos eclesiais de encontro entre mozos de diversas parroquias e outras realidades, co obxectivo de compartir de forma conxunta a alegría da fe.

Sobre «Life Teen»

Life Teen nace en 1985 nunha parroquia católica de Mesa, Arizona, nos Estados Unidos, como un programa de pastoral xuvenil centrado na eucaristía que consistía en reunir aos adolescentes nunha «Life Night». A partir de 1990, comeza a implementarse noutras comunidades parroquiais. 

Na actualidade, hai máis de 1600 parroquias que implementaron Edge (de 1.º a 3.º de ESO) ou Life Teen (de 4.º de ESO a 2.º de BACH), en 24 países de todo o mundo, entre eles Haití, Canadá, Sudáfrica, Chinesa, Malaisia, Filipinas, África Oriental, Uganda, Alemaña, México, Arxentina, España, Inglaterra e os Países Baixos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp