20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Comeza o novenario na honra do Santísimo Cristo da Victoria

Comeza o novenario na honra do Santísimo Cristo da Victoria

O venres, 23 de xullo, dará comezo o solemne  novenario en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo. Cada día, rezarase a novena na misa das 12h00. Polas tardes, os cultos comezarán ás 19h30 e será novamente o Excmo. e  Rvdmo. Sr. D. Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo Emérito de Tánxer, quen predique a novena, ás 20h00.

Os días 26, 27, 28 e 29 de xullo, contaremos coa colaboración do tenor Chema Ares e do organista David Maceira. O venres 30 de xullo e o sábado 31, a novena de tarde será cantada pola  mezzo-soprano Nuria Lorenzo, en compañía do organista Jesús Moares. Ambos colaborarán, xunto a un cuarteto do coro  Gli  Appassionati, na Misa Solemne do domingo 1 de agosto, ás 11h00.

O venres 30, ao redor das 20h30, impoñeranse as medallas aos novos confrades. O sábado 31 de agosto, ás 13h00, o Doutor en Dereito e Xuíz Decano dos xulgados de Vigo desde 2009, D. Germán Mª Serrano Espinosa, será o encargado de ler o pregón ao Cristo no Pazo de Castrelos.

O domingo 1 de agosto, celebrarase a Festividade do Santísimo Cristo da Vitoria, coa Misa Solemne ás 11 h00 da mañá presidida polo Excmo. e  Rvdmo. Sr. Bispo de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza. Previamente, ofícianse misas ás 7h00, 8h00, 9h00 e 10h00. A última da mañá terá lugar ás 13h00. Pola tarde, celebraranse ás 17h30, 18h30 e 19h30.

Misa en directo

Por outra banda, cabe lembrar que a celebración do solemne  novenario e as misas do día da festividade levarán a cabo adecuándose ás medidas hixiénico sanitarias requiridas garantindo a distancia de seguridade entre os asistentes. É por esta razón que o aforo na Concatedral está actualmente limitado a 120 persoas, que accederán ao templo por orde de chegada. Para facilitar o seguimento dos cultos a todos aqueles que non poidan acceder ao templo, a Confraría do Santísimo Cristo da Vitoria, coa colaboración do  Concello de Vigo, retransmitirá en  streaming (retransmisión en directo vía internet) a novena das 20h00, desde o día 23 de xullo, a través das súas canles de comunicación on-line, redes sociais e sitio web. Así mesmo, facilitará dita retransmisión a todos aqueles medios de comunicación ou entidades que desexen retransmitila desde as súas plataformas dixitais co obxectivo de chegar ao maior número posible de persoas. Os vídeos das novenas quedarán rexistrados durante uns días na páxina de inicio da web da Confraría de modo que poidan volver ser vistos. De igual modo procederase o domingo 1 de agosto coas misas do día da festividade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp