28/09/2022

,

San Wenceslao
28/09/2022

,

San Wenceslao

Comeza o solemne novenario en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria

Comeza o solemne novenario en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria

Este venres, 29 de xullo, dará comezo o solemne novenario en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo. Cada día, a misa das 12h00 será oficiada por un párroco diferente da zona centro da cidade. Así, o venres 29 celebrará a eucaristía o párroco de Santiago de Vigo; o 30, o Vigairo Parroquial de Santiago de Vigo; o 31, o párroco de Santa María; o 1 de agosto, o párroco de San Xoán de Ávila e Santa Xoana de Lestonnac; o 2, o párroco do Sagrado Corazón de Xesús; o día 3, o de San Francisco; o xoves 4, o párroco de María Auxiliadora; o venres 5 de agosto, o párroco da nosa Señora do Rocío; e o día 6 de agosto, o vigairo parroquial de Santa María. Polas tardes, os cultos comezarán ás 19h30 e será o Ilmo. Sr. Vicario Xeneral da Arquidiocese de Oviedo, D. Jorge Juan Fernández Sangrador, quen predique a Novena, ás 20h00.

Durante os días de cultos cantarán as misas pola tarde unha coral diferente. Así, o venres 29 de xullo estará na Concatedral-Basílica Lembranzas Galegas; o sábado 30, a Coral María Auxiliadora; o domingo 31, a Coral Polifónica Enarmonía; o luns 1 de agosto, a Coral Atlántida de Matamá; o martes 2, a Coral Polifónica da AVCR San Mamede de Zamáns; o mércores 3 de agosto, a Coral Lira de San Miguel de Oia; o día 4, a Coral Polifónica Alborada de Cabral; o venres 5 de agosto, a Coral Santa Clara; o sábado 6, a Coral do CVC de Valladares; e o domingo 7, ás 11h, a Coral Casabranca.

O venres 5 de agosto, ao concluír a novena de tarde, impoñeranse as medallas aos novos confrades. O sábado 6 de agosto, ás 12h30, o doutor José Troncoso Durán, médico especialista en cirurxía ortopédica e traumatoloxía, será o encargado de ler o pregón ao Cristo nos xardíns do Pazo de Castrelos. Pola tarde, ao concluír a misa ao redor das 20h30, terá lugar o emotivo descendemento da venerada imaxe na Concatedral, tras case 3 anos no Altar Maior. O domingo 7 de agosto, celebrarase a Festividade do Santísimo Cristo da Vitoria, coa Misa Solemne ás 11h00 da mañá presidida polo Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza. Previamente, celébranse misas ás 7h00, 8h00, 9h00 e 10h00. A última da mañá terá lugar ás 13h00. Pola tarde, ás 19h30, dará comezo a Procesión do Santísimo Cristo da Vitoria. Levará o estandarte do Cristo o popular actor vigués coñecido artisticamente como Manuel Manquiña.

Misa en directo

Do mesmo xeito que en anos anteriores á pandemia, unha pantalla será colocada na fachada da Basílica para que aqueles que non poidan acceder ao templo, sigan os cultos desde o descendemento ata a saída da imaxe en procesión. A retransmisión da pantalla poderá seguirse así mesmo en streaming a través de www.cristodevigo.es.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp