Este domingo, 24 de abril, inaugúrase unha nova edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera que foi presentando o pasado 15 de abril no Hotel Balneario de Mondariz, Rafael Antela, párroco de Barcia de Mera, Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e Nieves García Soto, directora do ciclo.
A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro que iniciarán coa estrea da obra encargada pola organización « Vésperas na honra de San Martiño», a cargo da agrupación Voz Stellae Ensemble, ás 20 horas da tarde deste domingo.
Con motivo da pandemia e para respectar todas as medidas de hixiene e seguridade estipuladas polas autoridades sanitarias, o aforo estará limitado e, para aqueles que queiran asistir, será necesario efectuar unha reserva a través do número de teléfono: 658 627 525.