Este sábado, 30 de abril, ás 20 horas, comeza unha nova edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera co concerto inaugural de Pergolesi ( Stabat Mater). Camerata Brigantina cos solistas Celia Rodríguez (soprano) e Cristian Borrelli ( contratenor), a cargo do directo Florian Vlashi.
A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras de Vivaldi, Bach, Schubert ou Mozart Piazzola, entre outros.
Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar o seu reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.