22 de Abril de 2024

,

Santos Sotero y Cayo
22 de Abril de 2024

,

Santos Sotero y Cayo

Comeza o XV Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

Comeza o XV Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera

Este sábado, 29 de abril, ás 20 horas, comeza a XV edición do Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera co concerto  inaugural do Trio Domani que interpretarán obras de Quanz, J.S. Bach, L.V. Beethoven, R. Gliere, G.F. Handel ou J. Haydn.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras clásicas de músicos como L.V. Beethoven, Schuman ou Debussy, entre outros. Tamén contará coa participación da Orquestra Sinfónica de Galicia ou Locus Músicos que visibilizarán os cantos da tradición galaico-portuguesa.

Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp