Este luns 24 de xaneiro comezarán unha serie de encontros para mozos, mozas e adultos nos locais parroquiais de Santiago o Maior —entrada pola rúa Roupeiro—. As catequeses, que terán lugar os luns e xoves ás 20:15 horas, serán impartidas por catequistas do Camiño Neocatecumenal e profundarán en temas como a situación do home contemporáneo e da Iglesia, o anuncio da Boa Noticia (kerigma), a importancia dos sacramentos e a Palabra de Deus, e a misión da comunidade cristiá no mundo actual.
Como invitación a experimentar na propia vida o amor de Deus, están abertas a crentes e non crentes, e prolongaranse ao longo das próximas 7 semanas.