20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Comezan as ceas Alpha para universitarios

Comezan as ceas Alpha para universitarios

O vindeiro martes, 20 de setembro, ás 21 horas, no Seminario Maior San José de Vigo, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo comezará a terceira edición das ceas Alpha para persoas en idade universitaria —entre 18 e 30 anos—, unha iniciativa de nova evanxelización que se desenvolverá durante 8 semanas consecutivas para explorar os principios da fe cristiá. Os interesados en participar nestas ceas, que son gratuítas, poden inscribirse a través da seguinte ligazón ou solicitar máis información no número de teléfono: 672 11 90 39 —ten WhatsApp—.

Desde a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo, queren facer participe deste proxecto a toda a diocese de Tui-Vigo a través da oración, é dicir, intercedendo polas persoas do equipo Alpha e polos invitados, xa sexa desde a súa casa ou ben acudindo ao Seminario Maior para sumarse ao equipo de intercesión de Alpha. Para saber máis información sobre como participar poden contactar coa delegación a través do número de teléfono citado anteriormente —672 11 90 39 —.

O obxectivo desta iniciativa baséase en achegar a realidade cristiá a persoas afastadas da Igrexa. Partindo da premisa de que o home moderno non se fai preguntas, Alpha pretende suscitar nos participantes o interese por exporse cuestións sobre o mundo e a vida.

O formato consta de oito sesións consecutivas dividas nunha cea, unha charla e un debate. Cada semana, os participantes teñen a oportunidade de profundar en diversos aspectos da relixión, tratando de responder as preguntas expostas polos relatores tales como “cal é o sentido da vida?”, “quen é Xesús?”, “por que morre Xesús?” ou “existe o mal?”.

O éxito de Alpha reside na gratuidade da proposta —os invitados acoden a custo cero— e na actitude de acollida, de modo que os participantes poidan sentir a liberdade e a  confianza para expresarse con sinceridade as súas dúbidas.

Cando e onde nace Alpha?

Alpha foi deseñado como un curso de curta duración pola igrexa Holy Trinity Brompton de Londres. En 1990, Nicky Gumbel fu nomeado encargado do curso en HTB e descubriu que moita xente que estaba fóra da Iglesia quería explorar a fe cristiá. Na actualidade, Alpha utilízase en todas as partes da igrexa a nivel mundial, incluíndo a igrexa Católica, a igrexa Ortodoxa e as principais denominacións protestantes.

En España, o equipo Alpha ofrece cursos de formación para parroquias, movementos, delegacións diocesanas ou colexios a través da súa web. Ademais, veñen realizando para diferentes grupos de idade: mozos, universitarios ou matrimonios. A nivel mundial, desenvolvéronse ceas Alpha específicas para centros penal ou centros educativos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp