14 de Abril de 2026,
San Telmo

Comezan os actos na honra a san Telmo, patrón da diocese

Comezan os actos na honra a san Telmo, patrón da diocese

O 20 de abril, primeiro domingo de Pascua, a cidade de Tui celebra as festas ao seu patrón co rezo do rosario e da novena, todos os días ás 19.30 horas —seguida da eucaristía, ás 20:00 horas—, na catedral. Do 25 ao 27 de abrilo sacerdote dominico e presidente da CONFER de Tui-Vigo, Edgardo Quintana, predicará o triduo, previo á solemnidade do santo patrón, ás 20:00 horas tamén no templo catedralicio.

O luns 28 de abril, día propio da festa, haberá misas ás 09.00 e ás 10:00 horas na igrexa de San Telmo, que tamén acollerá, ás 19:00 horas, a homenaxe aos confrades falecidos durante o pasado ano, no que intervirá a banda de música da Brilat. Ás 11:00 horas, celebrarase a misa solemne na catedral, presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, quen tamén asistirá, ás 21:00 horas, á procesión coa imaxe do santo que finalizará coa ofrenda floral a san Telmo na Praza de San Fernando.