11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours
11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours

Comeza un novo ciclo formativo de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»

Comeza un novo ciclo formativo de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»
FOTO.- El salón de actos del Seminario Mayor en Vigo acogió el acto de inauguración de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios» | © Noelia Reyes

O Seminario Maior «San Xosé» de Vigo acolleu, o 2 de outubro, a inauguración dun novo curso de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», que ofrece unha formación teolóxica baseada nun modelo básico, sistemático e integral de ensino.Ao acto de inauguración contou coa presenza dobispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, que agradeceu e felicitou aos presentes pola súa asistencia, porque «non deixa de ser unha responsabilidade da vosa propia fe e do servizo, que podedes compartir dentro desta Igrexa particular».

Durante a súa intervención, o prelado tudense subliñou que «hoxe, necesitamos unha linguaxe nova, unha maneira nova» de compartir e explicar a fe, sobre todo, porque «estamos nun momento moi interesante da vida da Igrexa, diría mesmo, apaixonante» no que «necesitamos asentarnos, formarnos e ilusionarnos ben no ámbito da Teoloxía». Ademais, animou aos alumnos e alumnas a «ser pandemia, para que outros se contaxien e poidan estar aquí».

FOTO.- De izq. a drta.: José Vidal, vicario de Pastoral, y Mons. Antonio Valín, obispo de Tui-Vigo | © Noelia Reyes

José Vidal, vigairo de Pastoral da diocese de Tui-Vigo, agradeceu a enorme acollida que, desde o ano 2021, tivo «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos», chegando a sumar preto de 70 persoas rexistradas durante o pasado curso. Tamén  anunciou que o domingo 10 de novembro, coincidindo co Día da Igrexa Diocesana, ás 17.00 horas, na catedral, se instituirán ministerios laicais. En relación a isto, José Vidal lembrou que «un ministerio laical non é unha honra que un recibe, se non un servizo que se encomenda; non é un dereito que un poida esixir, se non unha chamada que a Igrexa fai a través das persoas e institucións que se recoñecen como Igrexa».

Na celebración do próximo mes de novembro, poderán ser instituídas ministros todas aquelas persoas que, tal e como explicou o vigairo de Pastoral, propoñan os párrocos tras un proceso de discernimento. Para recibir un ministerio deberán darse dúas condicións: unha certa capacitación persoal, é dicir, estar bautizado e vivir a fe nunha comunidade cristiá —participando das diferentes actividades e integrándose no cotián da comunidade—; e adquirir os coñecementos teolóxicos mínimos necesarios para o correcto desenvolvemento do ministerio, como os impartidos en Ágora.

FOTO.- Asistentes a la inauguración de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios» | © Noelia Reyes

En 2021, a escola diocesana de formación Ágora tomou impulso redefiníndose como unha «escola de Teoloxía, ministerios e servizos», co obxectivo formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp