28 de Febreiro de 2024

,

Santos Mártires de Alejandría
28 de Febreiro de 2024

,

Santos Mártires de Alejandría

Comisión Abeiro

Comisión Abeiro

Comisión Abeiro

Comisión Abeiro

O 23 de febreiro de 2021, a diocese de Tui-Vigo, no seu compromiso por promover a plena credibilidade do anuncio evanxélico e a eficacia da misión da Igrexa, constituíu a Comisión Abeiro para a protección e acompañamento de menores e adultos vulnerables, seguindo así as recomendacións que o papa Francisco publicou na carta apostólica Vos estis lux mundi (VELM), en maio de 2019.

Na carta, o Santo Padre sinala que «os delitos de abusos sexuais ofenden ao noso Señor, causan danos físicos, psicolóxicos e espirituais ás vítimas, e prexudican á comunidade dos fieis. Para que estes casos, en todas as súas formas, non ocorran máis, necesítase unha continua e profunda conversión dos corazóns, acompañada de accións concretas e eficaces que involucren a todos na Igrexa».

A Comisión Abeiro é un organismo diocesano para a protección e o acompañamento de menores e adultos vulnerables.

Corresponde á Comisión Abeiro:

  • Traballar en coordinación e colaboración cos organismos correspondentes das dioceses de Galicia.
  • Promover iniciativas de prevención, formación, sensibilización e creación de contornas seguras. 
  • Acoller, orientar e acompañar a calquera persoa que solicite axuda específica sobre estes asuntos.

A Comisión Abeiro conta cun equipo multidisciplinar que ofrece unha atención integral, seguindo os protocolos de actuación aprobados pola Conferencia Episcopal Española.

Escribindo un correo electrónico a comisionabeiro@diocesetuivigo.org  ou chamando ao número de teléfono 986 375 153.

Que fixemos ata o de agora? Traballo da diocese de Tui-Vigo no campo da protección e acompañamento de menores e adultos vulnerables

Servizo interdiocesano
A provincia eclesiástica de Santiago de Compostela crea un Servizo pastoral interdiocesano de atención a menores, persoas vulnerables e as súas familias
Comisión Abeiro
A diocese de Tui-Vigo crea a Comisión Abeiro para a protección e acompañamento de menores e adultos vulnerables
Guía de boas prácticas
A primeira acción da Comisión Abeiro é desenvolver unha Guía de boas prácticas para a protección de menores
Formación de axentes de pastoral
Durante o curso 2021-2022, a Comisión Abeiro formou aos diferentes axentes de pastoral da diocese de Tui-Vigo acerca da Guía de boas prácticas para a protección de menores
Decreto de aprobación de protocolo e guía
O bispo de Tui-Vigo decreta a aprobación do «Protocolo de prevención y actuación frente al abuso sexual a menores y personas vulnerables» e a «Guía de boas prácticas».
Colaboración e traballo conxunto das dioceses galegas
As dioceses da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela traballan conxuntamente para formar aos axentes de pastoral e implementar os protocolos e guías de prevención e actuación
2020
Febreiro 2021
Agosto de 2021
Curso 2021-2022
Xaneiro 2024
Actualidade

Cursos de formación aos que asistiu a diocese de Tui-Vigo

  • 19 e 20 de outubro de 2023 — V Encontro entre o Servizo de Asesoramento da CEE e as Oficinas de protección de menores e prevención de abusos das dioceses españolas (en Madrid)
  • 30 de setembro de 2023 — Xornada de formación organizada polas dioceses de Galicia (en Santiago de Compostela)
  • 3 de marzo de 2023 — IV Encontro entre o Servizo de Asesoramento da CEE e as Oficinas de protección de menores e prevención de abusos das dioceses españolas (en Madrid).
  • 14 e 15 de outubro de 2022 — III Encontro entre o Servizo de Asesoramento da CEE e as Oficinas de protección de menores e prevención de abusos das dioceses españolas (en Madrid).
  • 31 de marzo de 2022 — II Encontro entre o Servizo de Asesoramento da CEE e as Oficinas de protección de menores e prevención de abusos das dioceses españolas (en Madrid)
  • 15 de setembro de 2021 — I Encontro entre o Servizo de Asesoramento da CEE e as Oficinas de protección de menores e prevención de abusos das dioceses españolas (en Madrid)

Guía de boas prácticas para a protección de menores da diocese de Tui-Vigo

CASTELÁN

Descarga a «Guía de buenas prácticas para la protección de menores» da diocese de Tui-Vigo

GALEGO

Descarga a «Guía de boas prácticas para a protección de menores» da diocese de Tui-Vigo

Protocolo de prevención e actuaciónfronte ao abuso sexual a menores e persoas vulnerables

Protocolo de prevención y actuación frente al abuso sexual a menores y personas vulnerables

O 15 de xaneiro de 2024, o bispo de Tui-Vigo decretou a aprobación e entrou en vigor do «Protocolo de prevención y actuación frente al abuso sexual a menores y personas vulnerables»

Documentos en vigorpara a protección e acompañamento de menores e adultos vulnerables

  • Informe «Para dar luz II» (decembro 2023) — VER
  • Publicación do protocolo marco e a instrución da CEE (xullo 2023) — VER
  • Informe «Para dar luz» (maio 2023) — VER
  • Instrución da CEE sobre abusos sexuais (abril 2023) — VER
  • Protocolo marco para a prevención e actuación en caso de abusos a menores da CEE (novembro 2022) — VER
  • Política marco de protección e actuación en caso de abusos sexuais a menores e adultos vulnerables de CONFER (2022) — VER
  • Vademécum sobre algunhas cuestións procesuais ante os casos de abuso sexual a menores cometidos por clérigos (xuño 2022) — VER
  • Normas sobre os delitos máis graves reservados á Congregación para a Doutrina da Fe — VER
  • Modificacións do libro IV do Código de Dereito Canónico (2021) — VER
  • Liñas para a elaboración de protocolos de prevención de abusos (2021) — VER
  • Vos estis lux mundo (2019) — VER

Para dar luzweb da Conferencia Episcopal Española