Desde o 19 de marzo de 2021, a Igrexa Universal está inmersa no Ano “Familia Amoris Laetitia”, que o papa Francisco anunciou en decembro de 2020 para celebrar o 5º aniversario da publicación de Amoris Laetitia, a exhortación apostólica que o Santo Pai dedicou á beleza e a alegría do amor familiar.
Desde a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo tamén se sumaron ás diversas iniciativas promovidas polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida como o fórum “Onde estamos con Amoris Laetitia?” que tivo lugar de maneira en liña do 9 ao 12 de xuño de 2021. A través deste encontro, os responsables das diferentes delegacións, movementos e asociacións familiares de todo o mundo puideron reflexionar e desenvolver novas estratexias para a aplicación da exhortación apostólica do papa Francisco.
Ademais da participación neste encontro, os membros da delegación diocesana de Pastoral Familiar están a traballar os materiais de reflexión creados pola Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida da CEE, que inclúen recursos audiovisuais, lecturas e diversas dinámicas para traballar con toda a familia, desde os máis pequenos ata os maiores da casa. Estes materiais están dispoñibles tamén a través da web diocesana e podes atopalos clicando na seguinte ligazón.
O Ano “Familia Amoris Laetitia” é unha iniciativa do papa Francisco que se propón chegar a todas as familiar do mundo a través de diversas propostas espirituais, pastorais e culturais que se poderán levar a cabo nas parroquias, dioceses, universidades, movementos eclesiais e asociacións familiares.