16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Comunicado da Diocese de Tui – Vigo ante os roubos cometidos en diversos templos diocesanos

Comunicado da Diocese de Tui – Vigo ante os roubos cometidos en diversos templos diocesanos

A Diocese de Tui – Vigo manifesta a súa profunda preocupación e lamenta os roubos que se produciron nas últimas semanas en diversas igrexas de Vigo e outras parroquias da Diocese.

Estes feitos, ademais do dano material ocasionado, afectan a espazos que son lugares de oración, recollemento e encontro con Deus para as nosas comunidades. Os templos non son únicamente bens patrimoniais, senón espazos sagrados que forman parte da vida espiritual e social das nosas parroquias.

A Diocese condena calquera acto que atente contra o patrimonio relixioso e a vida das nosas comunidades parroquiais, e expresa a súa cercanía ós párrocos e fieis que se viron afectados por estos sucesos.

Así mesmo, infórmase de que se está colaborando plenamente coas autoridades civís para o esclarecemento dos feitos e se anima a todas as parroquias a extremar as medidas de seguridade necesarias —evitar que os templos estén sós, revisión de fechaduras, sistemas de alarma, control de accesos e protocolos básicos de prevención— co fin de evitar que se repitan situacións similares.

Invitamos tamén aos fieis a vivir estos momentos con serenidade, sin caer en alarmismos, reforzando a unidade das nosas comunidades parroquiais e entre todos seguir coidando o patrimonio e os bens que forman parte das parroquias.