O Santuario da Nosa Señora da Franqueira, despois de ter consultado ás diversas autoridades sobre a idoneidade de podermos celebrar as Romarías na Honra da Santísima Virxe María na festividade das Pascuillas, temos o gozo de facer público que o vindeiro 6 de xuño terán lugar estas celebracións no devandito santuario.
Animamos a que os fieis e devotos da Nosa Señora dediquen estas semanas de Pascua a intensificar a súa pregaria agradecida por esta nova oportunidade de poder manifestar o noso amor á Nai de Deus. Esperamos de todos a máxima responsabilidade e non esquecer que esta nova xeira é unha nova chamada a sermos comunidade de fe e amor, a lembrar a todas as vítimas da pandemia que sofren as súas consecuencias e a sermos solidarios coas realidades máis dolorosas deste mundo como está a suceder na Ucraína.
Convidamos a que os peregrinos preparen con entusiasmo renovado esta celebración e a que a vivamos coa máis sincera devoción.
Coas miñas pregarias,