3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres
3 de Novembro de 2024

,

San Martín de Porres

Comunicado do bispo promotor de Stella Maris en España, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, ante o naufraxio do “Villa Pitanxo”

Comunicado do bispo promotor de Stella Maris en España, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, ante o naufraxio do “Villa Pitanxo”
Foto: Banco de imágenes gratuito © Pexels.

A través dun comunicado oficial publicado desde a Conferencia Episcopal Española,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo e promotor do Apostolado do Mar “Stella  Maris” en España, manifestou as súas condolencias ante o naufraxio, preto das costas de  Terranova (Canadá), do barco pesqueiro “Villa  Pitanxo”, con base en Marín (Pontevedra).

Desde a delegación de Apostolado do Mar “ Stella  Maris” de Vigo que lidera Elvira  Larriba, súmanse ás condolencias manifestadas polo bispo e póñense ao dispor das familias das vítimas.

Reproducimos a continuación o comunicado:

O mundo da pesca, de loito

Unha nova traxedia se cerne sobre o mundo do mar.

Esta madrugada naufragou preto das costas de  Terranova (Canadá) o barco pesqueiro “Villa de  Pitanxo”, con base en Marín (Pontevedra). A súa tripulación, ao parecer, estaba composta por 24 tripulantes, deles 14 españois, 8 peruanos e 2 ganeses.

Os servizos de salvamento canadenses están a rastrexar a zona pero témese que haxa poucos sobreviventes.

Nestas circunstancias non podemos deixar de facer unha chamada para que os organismos nacionais e internacionais competentes, traballen con rigor, ditando e aplicando as normas necesarias para reducir ao máximo a  taxa de accidentes do mundo do mar.

Desde o Apostolado do Mar “ Stella  Maris” queremos manifestar a nosa dor polas persoas que faleceron e o noso máis sentido pésame aos seus familiares.

Diriximos a nosa oración especialmente á Virxe do Carme, patroa da xente da mar.

Rogámoslle que protexa a aqueles que talvez nestes momentos están aínda loitando pola súa vida, e que acolla nos seus brazos amorosos a aqueles que faleceron. Rogámoslle tamén polos familiares deses tripulantes nos momentos dramáticos que estarán a vivir.

Non esquecemos na nosa oración aos que acudiron ou están a acudir no seu auxilio.

Virxe do Carme, coida de todos eles.

Luís Quinteiro, bispo de Tui-Vigo e promotor do Apostolado do Mar
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp