26/03/2023

,

San Braulio
26/03/2023

,

San Braulio

Comunicado Santuario A Franqueira – Setembro 2020

Comunicado Santuario A Franqueira – Setembro 2020

Están preto as datas de celebración da Solemnidade da Natividade da Virxe María. Este santuario da Nosa Señora da Franqueira, vendo a especial incidencia que está a ter nas últimas semanas a COVID19, ven de decidir que consideramos primordial o coidado da saúde das persoas.

Polo ben de todos suprímense as procesións e outras expresións devocionais que se celebran neste santuario desde hai séculos: danzas e o auto sacramental do Cristián e o mouro.

Os cultos á Nosa Señora restrínxense á celebración da Novena, que duplica o seu horario, e as Misas que serán no adro coas medidas de seguridade e hixiene. Pedimos aos romeiros e peregrinos que vexan os horarios con atención.

Confiamos na responsabilidade dos romeiros e no coidado mutuo.Por motivos de seguridade as duchas e vestiarios non estarán habilitados para o seu uso. Consideramos que o esforzo de cada un repercute no ben común e por isto animamos a vivir con intensidade interior este mes dedicado á Nosa Señora.

Para unha maior concienciación temos convidado a diversas persoas que nos darán o seu testemuño e vivencias nestes tempos de pandemia.

Unidos na oración ante a imaxe da Virxe María na advocación da Nosa Señora da Franqueira pedimos fortaleza na fe, seguridade da esperanza e constancia na caridade.

Cartel

Comunicado completo

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp