19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

Concerto na honra a santa Cecilia, patroa da música, en Santo Antonio da Florida

Concerto na honra a santa Cecilia, patroa da música, en Santo Antonio da Florida

O domingo 23 de novembro, ás 13.00 horas, a parroquia de Santo Antonio da Florida en Vigo acolle un concerto a cargo da orquestra infantil e xuvenil de Vigo Kv2211, con motivo da festa na honra a santa Cecilia, patroa da música, que a Igrexa celebra o 22 novembro.

A través desta iniciativa, a comunidade parroquial de Santo Antonio da Florida ofrece espazos de encontro que poidan abrir o diálogo entre fe e cultura, á vez que ofrecen oportunidades a mozos músicos de poñer en práctica as súas habilidades favorecendo ademais o seu crecemento persoal e profesional.

O proxecto Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 co obxectivo de crear unha orquestra de cordas baseada en tres piares: educativo, cultural e social. A orquestra presentouse publicamente no verán de 2018 e, desde entón, participaron nela máis dun centenar de rapaces e rapazas de entre 7 e 22 anos.