30/11/2022

,

San Andrés
30/11/2022

,

San Andrés

Concerto solidario a favor das Misioneiras do Silencio

Concerto solidario a favor das Misioneiras do Silencio

O vindeiro venres 1 de xullo, ás 20 horas, no Auditorio Fundación  MAYEUSIS, os alumnos do  conservatorio de música  MAYEUSIS ofrecen un concerto solidario a favor das Misioneiras do Silencio que necesitan colaboración para continuar distribuíndo 9 mil menús  e poder manter o seu Comedor Social durante este ano 2022. 

A entrada será libre ata completar aforo aínda que, desde a organización, convidan a todos os asistentes a realizar un pequeno donativo para que as irmás da Misión do Silencio poidan seguir desenvolvendo a súa acción social e  caritativa. A través do correo info@mayeusis.com ou do teléfono 986 22 14 22, pódese confirmar a asistencia.

As persoas que non poidan asistir  presencialmente ao concerto pero queiran colaborar a través do seu donativo de maneira anónima na popularmente chamada “fila 0” —para aquelas persoas que sufragan o custo do entrada pero non asisten ao evento— coa Misión do Silencio poden enviar o seu donativo mediante transferencia bancaria ao número de conta: ES24 2080 5100 1330 0003 0632

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp