O sábado 6 de maio, ás 19.00 horas, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organiza un concerto solidario no auditorio municipal do distrito de Teis que contará coa participación da Coral Polfónica de Teis e do grupo tradicional de folk galego Abeleiras de Alxán . Os beneficios do concerto destinaranse aos proxectos desenvolvidos por Cáritas.
Para as persoas que non poidan asistir presencialmente, a institución caritativa da Igrexa ofrece a posibilidade de colaborar, realizando unha doazón a través de transferencia bancaria —Abanca: ES39 2080 5000 6830 4030 0568— ou mediante Bizum —38398—, especificando no concepto «Fila 0».
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, integrada en Cáritas España, é a institución da Igrexa católica que se ocupa de exercer a acción caritativa e a promoción social no ámbito desta diocese. Na actualidade, conta con máis de 50 Cáritas parroquiais, 7 interparroquiais que, xunto ao labor desenvolvido desde a sede central en Vigo, atenderon a máis de 7 mil persoas. Isto é posible grazas aos 41 profesionais contratados e a máis de 500 voluntarios.