18 de Xuño de 2026,
Santos Marcos y Marcelino

Concertos de música sacra na Diocese

Concertos de música sacra na Diocese

Esta semana, o xoves e o venres, a nosa Diocese de Tui-Vigo vivirá dous concertos de música sacra. O do xoves 28 de maio será na Concatedral de Santa María de Vigo e o do venres 29 de maio na Catedral de Santa María de Tui, ambos ás 20:30 horas. A duración do concerto é de aproximadamente 50-55 minutos.

Esta iniciativa nace do proxecto “Escena sacra: Música, corpo e imaxe”, unha experiencia interdisciplinar que une música barroca, danza e produción audiovisual arredor de dous grandes obras do repertorio sacro europeo:

– Un extracto do Mesías de Händel

– O Gloria de Vivaldi

“Música, Corpo e Imaxe” nace como unha proposta escénica na que a música sacra expándese más alá do concerto tradicional, incorporando o corpo e a imaxe como elementos fundamentais da expresión artística.

A proposta invita a experimentar a música non só como escoita, senón como vivencia completa, na que conflúen son, movemento e presenza. O corpo, entendido como vehículo expresivo, acompaña e amplifica o discurso musical, xerando unha dimensión escénica que transcende o son.