9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Coñece a realidade  migrante de Vigo

Coñece a realidade  migrante de Vigo
Foto: Alberto Montes, delegado de Migraciones, junto a Yolanda Aguiar, concejala del Área de Política de Bienestar Social, tras la reunión el 14 de febrero.

O luns 14 de febreiro, o delegado de Migracións, Alberto Montes Rajoy, reuniuse no Concello de Vigo coa concelleira da área de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar Castro, co obxectivo de coñecer mellor a realidade  migrante na cidade olívica. Na súa visita, o delegado diocesano de Migracións expresou á concelleira de Benestar Social, a total dispoñibilidade da delegación para establecer todo tipo de colaboración co Concello, así como para atender, en tempo e forma, a todos os grupos de persoas que, por diversos motivos, están relacionados co mundo das migracións e a mobilidade humana.

Situación actual

Segundo os últimos datos do 1 de xullo de 2021 achegados polo  Concello de Vigo, a cidade conta cunha poboación  migrante de 18.169 persoas, a cifra máis elevada da historia. Os  migrantes supoñen o 6% da poboación total da cidade. Deles, 12.995 son extracomunitarios e 5.174 son comunitarios.

En Vigo, residen persoas de 132 países distintos. Na división por países, Venezuela, Portugal e Brasil ocupan —por esta orde— os tres primeiros lugares en canto a estranxeiros rexistrados no Rexistro. É significativo o dato da poboación venezolana que, durante a última década, sufriu un considerable aumento, pasando de menos de 600 residentes a 2.222.

A maioría da poboación extracomunitaria que reside en Vigo é de orixe hispana. Os  migrantes do continente africano son maioritariamente senegaleses, seguidos de marroquís, nixerianos e ganeses. 

No que respecta a outros datos demográficos como a división por idades e xéneros, a poboación  migrante repártese case equitativamente entre homes e mulleres, sendo levemente superior a poboación feminina que representa un 52,46% da total fronte ao 47,53% da poboación masculina. O rango de idade da maior parte da poboación estranxeira en Vigo oscila entre os 21 e os 60 anos; idade na que maioritariamente se producen os procesos migratorios.

Onde viven*

En canto ao lugar de residencia da poboación  migrante de Vigo, case 8.500 persoas establécense no centro urbano da cidade; 3.642 en torno ao Calvario, Lavadores, Cabral e Candeán —establecéndose principalmente na parte alta da rúa de Urzaiz e a súa contorna—; 3.446 na zona de Pizarro e Urzaiz; 3.129 en Bouzas,  Coia e a Florida. Preto de 2 mil  migrantes escolleron a súa residencia en  Teis, mentres que 1.815 viven no Arenal, Rosalía de Castro e García  Barbón.

Por baixo dos mil residentes, as zonas máis habitadas en orde descendente son: Castelos e Sárdoma con 831  migrantes:  Alcabre e Saiáns con 660; e, finalmente, Beade, Valladares e Zamáns con 379 residentes.

Fonte: Datos publicados polo Atlántico Diario o 19 de abril de 2021: “La inmigración rejuvenece Vigo: la mayoría, menor de 40 años”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp