Este domingo 22 de marzo a maioría das dioceses españolas celebramos o Día do Seminario, co lema «Deixa as túas redes e sígueme». As dioceses españolas contan con 1066 seminaristas neste curso, o que supón 30 seminaristas máis que o curso pasado. Na nosa diocese de Tui-Vigo fórmanse tres seminaristas no Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago».
Ángel Luis Abalde
Ángel Luis Abalde estaba xa pensando na súa xubilación, tras 28 anos traballados en Citroen, cando a súa vida deu un envorco: aos 53 anos entrou ao seminario. Está actualmente en quinto curso e realizando a súa formación na parroquia da Nosa Señora do Rocío. Desde que entrou ao seminario, sente unha paz que nada máis lle pode dar, pois sabe que este é o camiño que Dios pensou para el. Coñece o seu testemuño completo nesta entrevista.
Francisco Javier Mouriño
Tras un ano de discernimiento vocacional, o vigués Francisco Mouriño, de 55 anos, decidiu entrar ao seminario. Con 54 anos e traballando nunha estación de servizo, deixouno todo para seguir a Aquel que lle chamou. Hoxe, o seu corazón excede de paz. Está na Unidade Pastoral de Ponteareas e cursando o cuarto ano de seminario. Coñece o seu testemuño completo nesta entrevista.
Juan González
Juan González ten 26 anos e está en cuarto curso de seminario. Entrou con tan só 22 anos. Desde pequeno, desde que tiña conciencia, xa anhelaba con ser sacerdote. Está a realizar a súa formación pastoral na Unidade Pastoral de Redondela. Coñece o seu testemuño completo nesta entrevista.
No Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago» fórmanse seminaristas das dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo. Esta comunidade está formada por preto de vinte seminaristas. É xa o segundo ano de existencia deste seminario interdiocesano, no que cada unha das dioceses conta cun formador, sendo no noso caso Don Ángel Carnicero.