17 de Marzo de 2026,
San Patricio

Coñece o Centro de Atención de Día de Menores (CAD) da diocese de Tui-Vigo

Coñece o Centro de Atención de Día de Menores (CAD) da diocese de Tui-Vigo
FOTO.- Imagen del CAD ubicado en la parroquia de Sampaio de Lavadores, en Vigo | © Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

O sábado 6 de setembro, tras a eucaristía das 18.00 horas, a parroquia-santuario da nosa Señora da Franqueira quere dar a coñecer o Centro de Atención de Día de Menores (CAD) da diocese de Tui-Vigo. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación organiza pola parroquia para celebrar a festa en honra á súa patroa, o 8 de setembro, festa litúrxica da natividade da benaventurada virxe María.

O Centro de Atención de Día de Menores (CAD), situado na parroquia de Sampaio de Lavadores, ofrece un espazo integral dedicado á atención de infancia, adolescencia e familias. O obxectivo do CAD é contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos, nenas e adolescentes (NNA) mediante traballo de aula, seguimentos médicos e escolares, actividades de lecer e tempo libre, etc, garantindo que queden cubertas as súas necesidades básicas.

Desde o pasado 30 de agosto, a parroquia-santuario da nosa Señora da Franqueira prepárase para celebrar a festa en honra á súa patroa. Nesta ocasión, os actos organizados viran ao redor do Xubileu 2025 que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza». Con motivo desta celebración, o santuario mariano da Cañiza foi decretado templo xubilar, pensando naquelas persoas con dificultades para peregrinar a Roma.

A vivencia persoal e comunitaria do Xubileu tamén trae consigo un compromiso social. Na diocese de Tui-Vigo, o compromiso xubilar consiste en apoiar o Centro de Atención de Día de Menores (CAD) que impulsa Cáritas.

Romería da Franqueira 2025

Coñece a programación completa que organiza a parroquia para honrar á súa patroa o 8 de setembro, coincidindo coa festa da natividade da virxe María