20 de Setembro de 2024

,

San Andrés Kim, Pablo Chong y compañeros mártires
20 de Setembro de 2024

,

San Andrés Kim, Pablo Chong y compañeros mártires

Conferencia «Leopoldo Eijo Garay, un bispo ligado á Vila Termal»

Conferencia «Leopoldo Eijo Garay, un bispo ligado á Vila Termal»

O xoves 30 de maio, ás 19.00 horas, na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) en Vigo, o sacerdote e xornalista Alberto Cuevas impartirá a conferencia «Leopoldo Eijo Garay, un bispo ligado á Vila Termal», que se enmarca no ciclo «Personaxes e a súa historia», promovido polo Balneario de Mondariz para conmemorar o 150 aniversario da súa fundación.

Leopoldo Eijo Garay, vigués de nacemento e o bispo que máis tempo ostentou o cargo de prelado de Madrid, tivo unha estreita relación coa vila termal na que coñeceu a relevantes personalidades do mundo político e cultural como Emilia Pardo Bazán, coa que acostumaba gozar de faladoiros, paseos e “curas de auga” durante o verán. O Balneario de Mondariz  conta cunha foto datada en 1909, na que se pode ver a un novísimo Eijo Garay visitando, por primeira vez, o establecemento en compañía do arcebispo de Westminster.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp