O pasado 3 de novembro, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, asinaba un decreto co nomeamento dos novos arciprestes da Diocese por un tempo de catro anos. O xoves pasado, 26 de novembro, no salón de actos do Seminario Maior os catorce presbíteros coas súas novas responsabilidades reuníanse co pastor da súa Igrexa de Tui-Vigo para asentar as bases desta nova etapa.
O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, inaugurou a reunión, destacando que o arcipreste ha de asumir certo liderado para promover unha transformación e un cambio na realidade eclesiástica do mundo de hoxe. Neste sentido, sinalou tres liñas de acción esenciais no traballo arciprestal: mellorar o trato persoal co presbiterio de cada zona, para xerar unha maior proximidade humana; potenciar a dimensión espiritual, coidando moito os retiros mensuais de cada arciprestado e motivando sempre á participación do clero; e perseguir o clima pastoral e sacerdotal marcado na exhortación apostólica do papa Francisco, Evangelii Gaudium, na que se expresa a necesidade de camiñar en comuñón.
Antes de finalizar a súa intervención, Mons. Luis Quinteiro aproveitou a ocasión para lembrar aos presentes os obxectivos e propostas do Plan Pastoral para este novo curso, salientando a oportunidade de revitalizar as diversas dimensións da Igrexa diocesana.
Juan Luís Martínez, vigairo xeral da Diocese, recolleu a testemuña do bispo para profundar acerca da figura do arcipreste explicando que a nova lexislación eclesiástica potencia a dimensión pastoral do arcipreste como coordinador de actividades e animador das relacións entre os membros da súa zona.
A parte económica correu a cargo do vigairo de economía, Jesús Carracedo, quen lembrou que a transparencia continúa sendo un piar para mellorar e incentivar dentro da Diocese. Para iso, e en liña co obxectivo xeral do Plan Pastoral, propoñía unha maior implicación de laicos cualificados na devandita tarefa.
As claves para poder afrontar a catequese ante o voluble escenario que presenta a pandemia deunas José Vidal, vigairo de pastoral. Neste sentido, pediu aos arciprestes que incentivasen lacreatividad e o enxeño, apostando por métodos que semi-presenciais, especialmente a participación na Eucaristía. Finalmente, José Diéguez, vicario para o clero, lembrou aos presentes a importancia de manter as medidas de hixiene e seguridade #ante o aumento de brotes de coronavirus, que xa afectou a algúns sacerdotes da Diocese. Nestes casos, o templo quedará pechado para a súa correcta desinfección, polo que recomenda derivar o culto habitual a outras parroquias e, sobre todo, abrirse ao diálogo e a escóitaa de posibles propostas para facilitar as substitucións.