7 de Marzo de 2026,
Santas Perpetua y Felicidad

Constitúense en Vigo unha Comunidades de Vida Cristiá, de espiritualidade ignaciana

Constitúense en Vigo unha Comunidades de Vida Cristiá, de espiritualidade ignaciana
FOTO.- Asistentes a la primera reunión de la Comunidad de Vida Cristiana de Vigo | © CVX Vigo

O sábado 21 de xuño, o Centro Loyola da cidade olívica acolleu a primeira reunión da Comunidade de Vida Cristiá (CVX) en Vigo. Ao encontro acudiron persoas da diocese de Tui-Vigo e das CVX da Coruña e Asturias, así como representantes do comité executivo da CVX. Con esta primeira reunión, seguida da celebración da eucaristía, formalizouse a constitución destes grupos en Vigo onde, «a principios dos anos noventa, existiu un antecedente que agora se ve actualizado, cheos de esperanza, para “en todo amar e servir”», explican desde a organización.

O pasado 28 de maio, unha representación da CVX de Vigo, que na actualidade conta con 16 membros, foi recibida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, nas oficinas da curia diocesana. Durante o encontro, o prelado puido coñecer de primeira man como funciona a CVX e os representantes aproveitaron a ocasión para poñerse ao servizo da diocese.

De espiritualidade ignaciana, as Comunidades de Vida Cristiá (CVX) constitúense como unha asociación de fieis e unha organización non gobernamental, sen fins de lucro, de la Iglesia Católica, conformada por persoas cristiás laicas e inspirada no modelo de vida espiritual de Ignacio de Loyola.