10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

Continúa o traballo dos grupos sinodais na fase continental do sínodo «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión»

Continúa o traballo dos grupos sinodais na fase continental do sínodo «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión»
Foto: Durante el acto de clausura, los asistentes tuvieron oportunidad de reflexionar sobre la síntesis presentada por la Secretaría diocesana para el Sínodo.

O sábado 14 de xaneiro, de 10.30 a 13.30 horas, no Seminario Maior «San José» de Vigo, a Secretaría diocesana para o Sínodo dos Bispos 2023, «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión», convoca un novo encontro con todos os grupos sinodais formados na diocese de Tui-Vigo, para continuar o traballo da etapa continental do sínodo a través do documento «Alarga o espazo da túa tenda», que   a Secretaría Xeral do Sínodo, en Roma, elaborou a partir do traballo dos grupos creados na fase diocesana.

A diocese de Tui-Vigo, xunto a toda a Igrexa universal, inaugurou este sínodo o 17 de outubro de 2021. Desde entón, participaron un total de 736 persoas de diferentes realidades eclesiais —parroquias, membros de vida consagrada, asociacións e movementos laicais, etc.—o que supuxo a creación de 69 grupos sinodais, que traballaron as principais problemáticas da Igrexa na actualidade, descritas no documento preparatorio da fase diocesana. O 8 de maio de 2022, no acto de clausura desta  primeira fase de consulta, a Secretaría diocesana para o Sínodo presentou a síntese que recolle as achegas enviadas por estes grupos e que, posteriormente, foi enviada á Conferencia Episcopal Española, encargada de recompilar e sintetizar as achegas de todas as 70 dioceses españolas.

O Sínodo dos Bispos é unha institución permanente, creada polo papa Paulo VI, en resposta aos desexos dos pais do Concilio Vaticano II para manter vivo o espírito de colexialidade nado da experiencia conciliar. En outubro de 2021, o papa Francisco convocou este novo sínodo «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión», co que convida a toda a Igrexa a reflexionar sobre o camiño da sinodalidade que, tal e como manifesta o Santo Pai, «é o camiño que Deus espera da Igrexa do terceiro milenio». Como novidade, este sínodo introduciu dous novos procesos consultivos, a nivel diocesano e continental, que contribuirán ao desenvolvemento do Instrumento Laboris, o documento de traballo dos bispos durante a súa reunión en Roma, fixada para outubro de 2023. 

Por unha Igrexa sinodal

Toda a información sobre o Sínodo dos Bispos 2021-2023 «Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión» está recollida nun apartado da web diocesana

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp