24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa
24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa

Continúan os actos da Semana Santa de Vigo coa procesión do Venres Santo

Continúan os actos da Semana Santa de Vigo coa procesión do Venres Santo

Ante os rumores da suspensión da procesión do Venres Santo, a delegación episcopal para a Semana Santa de Vigo, que encabeza Carlos Borrás, quere anunciar que os actos da Semana Santa na cidade olívica previstos para hoxe continúan con total normalidade. Tal e como se anunciou anteriormente, ás 20 horas, sairán simultaneamente as procesións da parroquia do Sacro Corazón de Jesús e da concatedral-basílica de Santa María. Os percorridos poden consultarse na web diocesana.
Previamente á saída das procesións, o bispo de Tui-Vigo presidirá o oficio da Paixón do Señor, na concatedral-basílica, ás 18 horas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp