18 de Xaneiro de 2025,
Santa Margarita de Hungría

Converte o teu “match” nun «amor para sempre»

Converte o teu “match” nun «amor para sempre»

Por terceiro ano consecutivo, do 14 ao 19 de febreiro, a Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida a Conferencia Episcopal Española celebra a «Semana do matrimonio» 2024 cunha nova proposta: converte o teu match nun «Forever match, un amor para sempre», que é o lema da campaña deste ano. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a grandeza e dignidade do matrimonio cristián, para mostrar á sociedade a súa beleza. A páxina web da campaña renóvase para mostrar que hai matches que son para toda a vida.

En concreto na diocese de Tui-Vigo, a delegación de Pastoral Familiar inaugurou as actividades da «Semana do matrimonio» o sábado 9 de febreiro, cunha eucaristía no templo parroquial da nosa Señora do Rocío en Vigo. Ao longo dos próximos días, están previstas tres accións concretas para matrimonios:  un retiro en parella, que se pode seguir a través da app «Matrimonio»; a realización de un agasallo para celebrar o día de Santo Valentín —baixo o título «Amor cos cinco sentidos»—; e un roteiro romántico, o venres 16 de febreiro, ás 21 horas, na parroquia de Santa María do Porriño, seguida de unha master class de danza.

Tomi e Salva fixeron match en 1973

Do «Forever dates, para sempre sabe mellor» da campaña 2023, ao «Forever match, un amor para sempre» como o de Tomi e Salva, que fixeron match en 1973. Que pasou nestes anos? Na páxina web da campaña, rememoran a súa viaxe a través do tempo, revelan os segredos do seu matrimonio e relén as cartas que se escribían entón.

Cres no «Forever match»?

Para esta campaña tamén se fixo un experimento na rúa para coñecer que pensan outras parellas sobre un amor para sempre. Con este experimento queriamos coñecer a opinión da xente sobre o amor e o matrimonio. O resultado? Miradas cómplices, mensaxes de amor, plans de futuro…