19 de Marzo de 2024

,

San José
19 de Marzo de 2024

,

San José

Convivencia fraterna de migrantes organizada pola diocese de Tui-Vigo

Convivencia fraterna de migrantes organizada pola diocese de Tui-Vigo
Foto: Colegio Jesuitinas-Miralba de Vigo.

O vindeiro domingo, 25 de setembro, ás 14 horas, coincidindo coa 108ª Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado, a delegación diocesana de Migracións organiza unha convivencia con persoas e familias migrantes no colexio Xesuitinas-Miralba de Vigo. Previamente a este momento de confraternización, a delegación convida a todos os diocesanos e diocesanas a participar na celebración eucarística que será presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, ás 12:30 horas dese domingo, no templo parroquial de Santo Tomei de Freixeiro.

«Construír o futuro cos migrantes e os refuxiados» é o lema desta Xornada na que o papa Francisco na súa mensaxe para este ano, lembra que a presenza dos migrantes e refuxiados constitúe unha ocasión de crecemento cultural e espiritual para todos. «Grazas a eles —destaca o Santo Pai— temos a oportunidade de coñecer mellor o mundo e a beleza da súa diversidade. Podemos madurar en humanidade e construír xuntos un “nós” máis grande».

Desde o departamento de Migracións da Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Mobilidade Humana da Conferencia Episcopal Española, editaron unha serie de materiais para facilitar a celebración desta xornada que se poden atopar na seguinte ligazón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp