17 de Xullo de 2026,
Santa Marcelina

Convocatoria de proba para a obtención da «Missio Canonica» para o profesorado de Educación Infantil e Primaria

Convocatoria de proba para a obtención da «Missio Canonica» para o profesorado de Educación Infantil e Primaria

As delegacións diocesanas para a Educación de Galicia convocan as probas dirixidas ao profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexe optar á obtención da Missio Canonica, requisito necesario para poder presentarse ás futuras listas de contratación de profesorado de Relixión Católica nos niveis indicados que, previsiblemente, abrirá a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional durante o vindeiro curso escolar 2026-2027. 

O prazo de inscrición finaliza o 27 de xuño ás 23:59 horas. persoas interesadas poden poñerse en contacto co delegado de Ensino Relixioso Escolar, Juan Carlos Alonso, a través do seguinte correo electrónico: jcag@edu.xunta.es.

A primeira proba levará a cabo no colexio La Salle de Santiago de Compostela, o martes 21 de xullo de 2026, ás 10.00 horas. A segunda será o 27 de xullo no Instituto Teolóxico Compostelán —a hora aínda está por determinar—.

A Missio Canonica é unha proposta de nomeamento concedida pola autoridade competente da Igrexa Católica para impartir a materia de Relixión Católica nos centros educativos. Esta autorización non constitúe un dereito adquirido nin automático, senón unha misión eclesial vinculada non só á capacitación académica e doutrinal do candidato, senón tamén á súa identificación coa fe e coa moral da Igrexa Católica, a súa práctica relixiosa e a súa coherencia de vida persoal.