5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

Corenta migrantes peregrinan a Fátima para agradecer os froitos do traballo sinodal

Corenta migrantes peregrinan a Fátima para agradecer os froitos do traballo sinodal
Foto: Imagen de familia de los cuarenta migrantes residentes en Vigo que peregrinaron a Fátima.

A pasada fin de semana, 2 e 3 de abril, a delegación de Migracións de Tui-Vigo organizou unha peregrinación ao Santuario de Fátima en Portugal, cun grupo de 40 migrantes residentes en Vigo para agradecer, ante a Virxe, o traballo realizado durante estes últimos meses nos dous grupos sinodais formados por persoas migrantes procedentes de diferentes países como:  Perú, Guatemala, Honduras, Salvador, México, Cuba, Senegal, Kenia, Paraguai, Nicaragua, Ecuador e Venezuela.

O sábado os peregrinos participaron no rezo do Via Crucis, a eucaristía na Capelinha, o rosario e a procesión das velas. A mañá do domingo dedicouse para achegarse ao sacramento da reconciliación, participar na Misa internacional e realizar compras varias.

O ambiente de familia, a oportunidade de compartir a alegría da fe e a presenza maternal de María propiciaron que os dous días de peregrinación resultasen escasos.  No entanto, á espera doutra peregrinación, os asistentes expresaron o desexo de seguir reuníndose para profundar nos misterios da fe, compartir as vivencias persoais e estreitar os vínculos de amizade que crearon por mor desta peregrinación.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp