17 de Setembro de 2024

,

San Roberto Belarmino
17 de Setembro de 2024

,

San Roberto Belarmino

Créase a comisión diocesana “ Abeiro” para a protección de menores

Créase a comisión diocesana “ Abeiro” para a protección de menores

Jaime  Barrecheguren  Beltrán e Mónica Villar  Guisado foron nomeados membros desta comisión diocesana de protección e acompañamento de menores e adultos vulnerables. 

A provincia eclesiástica de Santiago de Compostela, conformada polas cinco dioceses de Galicia, puxo en marcha o pasado ano 2020 un Servizo de atención a menores, persoas vulnerables e as súas familias para dar resposta á Carta  Apostólica en forma de “ Motu  proprio”  Vos  estis  lux  mundi (VELM) publicada polo papa Francisco en maio de 2019. 

Na Carta, o Santo Pai sinala que «os delitos abuso sexual ofenden ao noso Señor, causan danos físicos, psicolóxicos e espirituais ás vítimas, e prexudican á comunidade dos fieis. Para que estes casos, en todas as súas formas, non ocorran máis, necesítase unha continua e profunda conversión dos corazóns, acompañada de accións concretas e eficaces que involucren a todos na Igrexa».

A Diocese de Tui-Vigo creou a Comisión  Abeiro de protección e acompañamento de menores e adultos vulnerables que nace con tres claros obxectivos estipulados no decreto asinado o 22 de febreiro de 2021 polo bispo Luís Quinteiro Fiuza:

  • Traballar en coordinación e colaboración co Servizo de atención a menores, persoas vulnerables e as súas familias, creado polas dioceses da Igrexa de Galicia.
  • Promover iniciativas de prevención, formación e sensibilización e creación de contornas seguras libres de abusos para menores e adultos vulnerables.
  • Acoller, orientar e acompañar a calquera persoa que solicite a súa axuda  específica con estes asuntos.

Esta comisión foi creada para axudar á santidade persoal e ao compromiso moral que contribúen a «promover a plena credibilidade do anuncio evangélico e a eficacia da misión da Iglesia» (VELM).

Actualmente, a Comisión Abeiro conta con dous membros dentro do seu equipo, Jaime Barrecheguren Beltrán e Mónica Villar Guisado pero queda por determinar a sede, horario e canles de comunicación que lle permitirán alcanzar os seus obxectivos de maneira eficaz.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp