20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Cristóbal Colón “cóase” na celebración de Santo Tomás de Aquino

Cristóbal Colón “cóase” na celebración de Santo Tomás de Aquino

Cristobal  Colón e a  evangelización nos primeiros anos de América serán os protagonistas do acto que o Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo celebra para conmemorar a festividade do patrón dos  teólogos, Santo Tomás de Aquino, a través da conferencia impartida por Luís Pouse Regueiro, o vindeiro xoves, 28 de xaneiro, ás 12 da mañá no salón de actos do Seminario Maior San Xosé de Vigo.

Previo á conferencia, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a celebración  eucarística na Capela do Seminario —situado na Avenida de Madrid— ás 11 da mañá.

Ante o anuncio da Xunta de Galicia que estipula novas restricións para a Comunidade Autónoma, o Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo tomou a decisión de retransmitir vía  streaming ambos os actos —misa e conferencia— a través da canle de YouTube da Diocese de Tui-Vigo para que os interesados poidan participar de maneira segura desde as súas casas.

O conferenciante Luís Pouse,  presbítero diocesano desde 2005, impartirá o relatorio «Cristóbal  Colón: primeiro evanxelizador de América», que recolle o estudo realizado para a súa tese de licenciatura en Historia da Iglesia, na pontificia Universidade  Gregoriana de Roma, en xuño de 2020.

A tese, publicada en formato papel polo editorial Universo de Letras (Grupo Planeta), ofrece unha nova perspectiva dos primeiros anos da colonización en América desde a vertente evanxelizadora da época e o prisma cristián do seu protagonista, Cristóbal  Colón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp