23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo
23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo

Cursiños de Cristiandade celebra o seu 75.º aniversario

Cursiños de Cristiandade celebra o seu 75.º aniversario
Foto: Cursillistas de la diócesis de Tui-Vigo, junto al obispo Mons. Luis Quinteiro

O martes 23 de xaneiro, ante a proximidade da festa da conversión de santo Paulo, patrón do movemento de Cursiños de Cristiandade, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, para celebrar o 75.º aniversario do nacemento do movemento Cursiños de Cristiandade. Tras a eucaristía, os cursillistas da diocese de Tui-Vigo tiveron a oportunidade de compartir un intre distendido xunto ao pastor da Igrexa diocesana.

Durante a celebración, o prelado de Tui-Vigo expreso que Cursiños de Cristiandade «foi un movemento renovador da vida cristiá que, nun tempo sen moita creatividade, foi capaz de encher a experiencia cristiá de realidade». Neste sentido, Mons. Luís Quinteiro lembrou con moita gratitude aos cursillistas, a quen pediu «que sigan sendo fieis ao seu movemento, ao seu carisma», porque «un cursillista, por graza de Deus, ten unha experiencia de Deus que lle transforma, cámbiao e transmite unha ilusión»

Ademais, o movemento Cursiños de Cristiandade anunciou que, do 26 ao 28 de abril, organizarase un novo curso no mosteiro de Santo Diego de Canedo (Ponteareas), co obxectivo de ofrecer uns días de convivencia e reflexión persoal, para profundar no coñecemento dun mesmo e da fe, nun ambiente de comunidade e fraternidade. A inscrición pode realizarse a través da parroquia de Santiago de Vigo ou a través dos seguintes números de teléfono: 607 718 767 (J. Antonio, consiliario); 609 305 006 (Tere, presidenta); ou 607 423 822 (Abdón).

Cursiños de Cristiandade é un movemento eclesial de difusión mundial que actúa no interior da Igrexa Católica. Con 75 anos de historia en España, realizaron máis de 10 mil cursos e están presentes en 57 diocese. Desde 1957, cando se organizou o primeiro curso para homes, na diocese de Tui-Vigo realizáronse 238 Cursiños de Cristiandade —108 mixtos, 90 para homes e 40 para mulleres—; na actualidade, os cursillistas reúnense os martes nos locais parroquiais de Santiago o Maior de Vigo, tras a celebración da eucaristía ás 19.30 horas.

Cursillos de Cristiandad celebra su 75º aniversario | © Diocese Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en el templo parroquial de Santiago de Vigo, para celebrar el 75º aniversario de Cursillos de Cristiandad
« de 12 »
Cursillos de Cristiandad celebra su 75º aniversario | © Diocese Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en el templo parroquial de Santiago de Vigo, para celebrar el 75º aniversario de Cursillos de Cristiandad
« de 12 »

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp