19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

Curso de economía parroquial

Curso de economía parroquial

A Vigairía de Economía da diocese de Tui-Vigo organiza un «Curso de economía parroquial», dirixido, non só ao presbiterio diocesano, senón tamén aos segares que colaboren coa administración parroquial, co obxectivo de promover a creación de Consellos de Asuntos Económicos no seo das comunidades parroquiais «para administrar con transparencia o patrimonio eclesiástico e asumir corresponsablemente a realización de novos proxectos», tal e como especificou o Sínodo Diocesano de Tui-Vigo.

Este curso, impartido por membros da administración diocesana, desenvolverase durante os sábados 4 e 11 de marzo, en horario de 10.30 a 13.30 horas, no Seminario Maior «San José» de Vigo. O temario formativo deste curso abordará as principais cuestións no ámbito da xestión económica da Igrexa talles como que facer co patrimonio parroquial, como afrontar a xestión de obras ou como mellorar a transparencia e a sustentabilidade eclesial, entre outras. Para facilitar o labor organizativo do curso, as persoas interesadas deben inscribirse previamente a través do correo electrónico: cursoeconomia@diocesetuivigo.org

Mediante o desenvolvemento deste «Curso de economía parroquial» que aspira a formar a persoas laicas competentes en asuntos económicos e xurídicos para que a xestión dos bens eclesiais teña unha dimensión evanxélica e evanxelizadora, a diocese de Tui-Vigo completa a segunda das accións establecidas no Plan Pastoral 2022-2023, afianzando e continuando o seu compromiso por unha maior transparencia. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp