15 de Febreiro de 2025,
San Claudio de la Colombière

Curso de formación para profesores de relixión

Curso de formación para profesores de relixión
Foto: Alfredo Delgado Gómez impartirá el curso de formación «A Ensinanza Relixiosa Escolar na LOMLOE» | © CSEU La Salle

O sábado 19 de novembro, de 10 a 20  horas, a delegación diocesana de Ensino Relixioso Escolar organiza un curso de formación de 8 horas para profesores de relixión no Seminario Maior de Vigo e na Escola de Maxisterio CEU de Vigo, baixo o título «A Ensinanza  Relixiosa Escolar na LOMLOE», que impartirá Alfredo Delgado Gómez, profesor do Centro Superior de Estudos Universitarios La Salle de Madrid e colaborador da Fundación SM. As persoas interesadas en inscribirse deberán enviar un correo electrónico a capeans@edu.xunta.gal.

Sobre Alfredo Delgado Gómez

É licenciado en Enxeñería Superior Industrial Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e de Telecomunicación da Universidade do País Vasco (Bilbao, España). Posteriormente curso estudos en Teoloxía na Universidade Deusto e en Ciencias da Educación, na Universidade Pontificia Salesiana de Roma. Actualmente é doutor en Teoloxía Bíblica e desenvolve a súa liña de investigación no ámbito da aplicación das ferramentas sociolingüísticas ao estudo do Novo Testamento; tamén está abordado o estudo dos xéneros literarios dos escritos do NT e das biografías da antigüidade. No campo da investigación, o seu currículo consta dun amplo número de publicacións a máis recente no ano 2020: «Get up! Be opened! Codeswitching and Loanwords in  the Gospel of Mark», en Journal  for the Study of the New Testament.

Desde o ano 1996, exerceu como profesor de Relixión en diferentes centros educativos de España e tamén en Santiago de Chile durante o curso 2004-2005. Desde entón, combinou a súa actividade docente en institutos coa formación en centros universitarios, á vez que contribuía a mellorar a formación dos profesores de Relixión. Tamén foi membro do Equipo Pastoral de Escolas Católicas (FERE) ou colaborador Pastoral en More House, Residencia Católica de Estudantes en Londres.